AVISO IMPORTANTE

éste NO ES un blog ni web oficial de ningún tipo, por tanto todas las informaciones que aquí aparecen
NO PODRÁN SER CONSIDERADAS COMO LA POSTURA OFICIAL DE IZQUIERDA UNIDA,
de ninguna de sus federaciones ni de sus grupos municipales,
para ello ya están las distintas webs oficiales de cada federación y asamblea local de IU

únete a nuestra página en facebook

martes, 25 de agosto de 2009

Esquerda Unida de Ponteareas califica a Xunta do PP responsable da chapuza do novo instituto e o Ministerio de Fomento do PSOE complice

A un mes vista do inicio do novo curso escolar en Ponteareas atopámonos co novo IES aínda sen rematar, sen beirarrúas necesarias para chegar ata el ou mesmo dunha falta considerable de puntos de luz publica

Para o Coordinador de EU-IU Xosé Henrique González Lago esta chapuza e o resultado da incompetencia dos grupos municipais PP,PSOE,BNG e UCPA, que no seu día optaron por negociar uns terreos entrampados en beneficio dunhas inmobiliarias privadas, e cunha recalificacion de solo rústico a urbanizable.

A incompetencia chegou ata tal punto que catro anos despois e xa co instituto construído os accesos peonís e de trafico rodado non cumpren coa normativa vixente sobre seguridade(non existen), todo isto por que dende entón o PXOM aínda non esta aprobado.

Tanto o PP como UCPA desoíron a moción que presentaba EU-IU onde pedía que os cartos do PLAN E se investisen en obras útiles, pero esto non foi así, levantaron beiraruas de recente construcción en vez de facelas dende a rúa Paseo matutino o Barral.

Dende EU-IU fixemos as seguintes propostas e valoracións:

· A creación dun novo mapa escolar para Ponteareas, e dicir, agora non ten sentido que os nenos das parroquias transportadas estean no Val do tea ou no Pedra de auga, xa que seguir metendo os autobuses na rúa Paseo Matutino non ten sentido.

· O que plántea o PP dende a Xunta co silencio do PP de Ponteareas e que o mapa escolar sexa o de antes, o PP plántea que os nenos das rúas paseo matutino, Carballos, Feliciano Barrera, Manuel Rguez Barros, e resto de travesías se desplazen o novo instituto situado no Barral cuxo acceso e pola Nacional 120 e dende o novo instituto ata a rúa Paseo Matutino non existen beiraruas, esta proposta do PP e unha irresponsabilidade e o Ministerio de Fomento do PSOE e cómplice xa que non se pode por en marcha un novo Instituto sen antes garantir os accesos rodados e tamén peonís e iluminación necesaria.

a) Non se debe permitir ignagurar un novo IES sen os accesos peonís (beiraruas iluminación) e de trafico rodado, xa que o único que pode pasar e que se produza un accidente moi grave nas inmediacións.

b) Consideramos que o novo Instituto debería ser para aqueles/as nenos/as transportados dende as parroquias ou de outros concellos.

c) Evitariamos o atasco que nos últimos anos estamos sufrindo nas rúas Paseo Matutino.

d) Tanto o Val do Tea como o Pedra de Auga quedarían para uso dos rapaces de Ponteareas e non o que pretende a Consellería de Educación que os nenos da zona carballos,matutino,rguez barros,Feliciano barrera… os leven ata o barral, algo sen sentido xa que están a escasos cincuenta metros do Val do tea ou do Pedra de Auga.

fuente: http://esquerdaunidaponteareas.blogspot.com/2009/08/eu-iu-califica-xunta-do-pp-responsable_25.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario